Os comezos na rúa de San Andrés
Vintage & Coffee abriu as súas portas en abril do 2011 no nº1 da rúa San Andrés da Coruña. Neste espazo estivemos durante dous anos (até febreiro 2013) pois diversos factores (obras na rúa, peores anos da crise, aluguer elevado) fixeron que nos mudásemos para a nosa ubicación actual, na rúa de San Agustín (praza de San Nicolás). Neste periodo inicial foi tamén cando abrimos unha segunda tenda na cidade de Vigo, pero por razóns semellantes ás xa mencionadas, dita apertura só se mantivo durante un ano.
Os inicios na Coruña foron na concorrida rúa de San Andrés, como xa se mencionou; pero foi nun momento en que aquela arteria comercial perdía vitalidade en favor das grandes áreas comerciais. Ademáis dos moitos locais históricos que ían pechando, é paradóxico que só dous meses antes de abrir V&C, o grande da moda, INDITEX, pechaba o Stradivarius da rúa Bailén, e a tenda de Berska na rúa Torreiro (un local de varios andares, cunha superficie comercial da orde dos 1.000 m2) continuando coa “fuxida” do centro que xa escenificara un par de anos atrás ao transformar a tenda de ZARA de Torreiro nun Lefties (a marca de prezo reducido de INDITEX). A principios do ano 2011, a pesar do panorama pouco alentador e daqueles brotes verdes que non daban chegado, a tenda de Berska ainda era un polo de atracción importante que valoramos como positivo ao asinar o contrato de aluguer, e xusto cando comezamos cos permisos para a reforma chega esta nova do peche. Xusto a escasos metros de onde íamos abrir.
A pesar desa “advertencia” comercial, Vintage & Coffee porfiou coa sua idea e apostou máis que nunca na novidade: unha tenda que abre, nunha zona que se valeira, pois ten que ser única. De feito o nome non é casualidade, Vintage porque a nosa roupa era de tempos pasados e Coffee, porque calquer cliente podía tomarse un café tan tranquilamente. E así votamos a andar este proxecto que ven de cumprir catro anos e que comezou servindo cafés e ofrecendo roupa vintage a un público que nunca vira tal.
Un novo ar
En febreiro do ano 2013 mudámonos para o número 20 da rúa de San Agustín que contorna a Praza de San Nicolás (frente á igrexa do mesmo nome). Este local ten un ár diferente por completo ao baixo de San Andrés, e non só iso, a ubicación cremos que é tamén moi especial: a medio camiño entre a praza Maior da Coruña (María Pita), a rúa Real mailo paseo da Mariña e o Parrote. A nova tenda posúe unha gran luminosidade grazas a que practicamente todo o día está a darlle o sol. Consta dun frontal con cristaleira dividido en dous escaparates moi amplos. Cando se accede ao interior, faise a través dun espacioso “hall” onde se atopan moitos dos nosos produtos. Esta é a antesala do comercio.
Unha vez dentro, ao fondo á parte esquerda atópanse os vestidores e en cada lateral a roupa de home e muller, que segundo a tempada vanse adaptando as prendas. Eso si, mantendo sempre os básicos: prendas vaqueiras, suadeiras, calzado,... Tra-los vestidores hai un acceso ao reservado, que funciona como estudio fotográfico para realizar as instantáneas que subimos á web e ás redes sociais. Tamén, en diferentes momentos do ano funciona como espacio para promocións. Por exemplo é a chamada “Zona Kilo”; na que o custo da prenda vai depender dos quilos de roupa que merques. Outras veces é a zona de “TODO A 3 EUROS” ou o “MERCADILLO” onde se vende roupa que non é vintage pero sí second hand e sempre a prezos moi, moi reducidos.
A decoración e o interiorismo do establecemento (igual que a roupa) está formado por pezas dos anos oitenta e algunhas anteriores. De feito, na reforma do espazo non se modificou a estructura orixinal da Boutique “Modas Berta” (unha modista de renome na Coruña que se xubilou a comezos deste século). O local compleméntase con pezas vintage, como lámpadas alemás (orixinais da extinta R.D.A!), aparadores escandinavos do anos 70, cadeiras de deseño, mesiñas de noite e demáis productos decorativos daquela época (louza, cadros, espellos...). Toda esta mobilia renovase de maneira periódica, posto que son moitos os clientes que gostan destas pequenas xoias vintage para decorar os seus fogares e tamén novas pezas chegan para a súa venda.
Aínda que estamos a falar dunha tenda que só trata de produtos dos setenta e oitenta para diante, eso non quita para que traballemos coas ferramentas do futuro. Tanto no contacto cos nosos clientes como no xeito de amosar o noso producto. Para isto, votamos a andar co shop online na web: www.vintageandcoffee.com como tenda por internet e como catálogo vintage; e exprimimos as redes sociais como Facebook, twitter e Instagram para manter unha constante comunicación cos nosos “seguidores” e propor novos looks, por exemplo, co “¿Y Hoy Que Me Pongo?.